Benvido a ACYL Avogados (A Coruña - Vilagarcía - Galicia)

No noso escritorio atopará o apoio profesional que procura, a través dun equipo de avogados con longa experiencia en diferentes ramas do dereito. O noso ámbeto de actuación abrangue toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

Somos provedores de servizos xurídicos da Comisión Europea (Private Law Body) co número de rexistro 6000711091.

AVOGADOS

MARÍA JOSÉ ALMODÓVAR MELENDO
(Colexiada do Iltre. Colexio de A Coruña)

JUAN RICARDO LÓPEZ BORRAZÁS
(Colexiado do Iltre. Colexio de A Coruña)

LUIS ANTONIO CORES CASTRO
(Colexiado dos Iltres. Colexios de Pontevedra e A Coruña)

¿POR QUÉ O NOSO ESCRITORIO?

  1. Porque temos experiencia con grupos de moitos clientes e con asociacións.
  2. Porque podemos proporcionarlle un escritorio de referencia en calquera cidade europea e mesmo noutros continentes e garantirlle a comunicación e coordinación con ditos profesionais.
  3. Porque un asesoramento preventivo é sempre unha garantía. Incluso en cuestións en aparencia sinxelas a intervención do avogado pode afastar posteriores liortas e complicacións e aforro de tempo e cartos. A nosa prioridade é evita-lo futuro conflito. Un avogado non só é necesario para pleitear, senón para calquera xestións extraxudiciais.
  4. Porque os nosos principios susténtanse na negociación e no acordo extraxudiciais dentro do posible, acudindo á acción xudicial só cando é imprescindible.
  5. Porque nas relacións coa Administración o noso escritorio ten ampla experiencia e xa antes dun conflito xudicial coas entidades públicas é debida unha axeitada intervención do avogado perante todo o expediente administrativo. No mundo moderno é imprescindible o asesoramento letrado para evita-las actuacións irregulares dos poderes públicos.
  6. Porque o noso escritorio fai orzamentos polo miúdo coa predición de todas as situacións e incidencias que pode xerar a prestación do servizo e o eventual pleito.
  7. Porque a complexa área do Urbanismo é unha das nosas especialidades, ademáis de traballar no Dereito Civil (contratacións, indemnizacións, alugueres, herdanzas e matrimonial), Dereito Penal (acusación e defensa), o Dereito Penitenciario, o Dereito do Traballo e da Seguridade Social, o Dereito Mercantil e o Dereito Administrativo en xeral
  8. Porque o noso escritorio colabora con profesionais de alta experiencia e eficacia (procuradores, economistas e peritos) axeitados para a adecuada  marcha do proceso..
  9. Porque sempre terá contacto directo e de cotío co Avogado director do seu proceso.
  10. Porque o noso escritorio conta con modernas ferramentas de traballo e con persoal de administración e avogados con moitos anos de experiencia nos servizos xurídicos.

DE INTERESE


» Herdanzas e sucesions

» Recuperación dos cartos pagados a cooperativas ou promotoras en promocions fracasadas

» Nulidade de claúsulas solo

» Recuperación dos gastos do préstamo hipotecario